publicidade hoxe

O departamento de cultura de Carral ofrece un campamento artístico para xóvenes de 12 a 16 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Carral pon en marcha o campamento de tipo urbano chamado Soña, vive, crea!  que ten por obxectivo fomentar a capacidade creativa dos participantes, aprendendo as principais técnicas dalgunhas disciplinas de creación cultural.

As  características da actividade son:

– Datas: do 6 ao 17 de xullo

– Horario: de 10:00 a 14:00 h.

– Lugares de realización: Casa da Cultura, Centro de Formación Antón Fraguas e zonas exteriores do complexo municipal de Paleo.

– Resumo do programa: introdución ao graffitti (6 horas), introdución ao modelado e escultura (12 horas), introdución á fotografía (8 horas), introdución á pintura en óleo (8 horas) e montaxe da exposición (4 horas).

– Visitas ao museo MAC e ao obradoiro do escultor Francisco Escudero.

– Participantes: entre 15 e 20 persoas nados entre 1999 e 2003.

– Contarase cun monitor/a que coordinará e asistirá todas as actividades e monitores especializados en cada disciplina do campamento.

– Prezo por participante: 75 €

As preinscricións realizaranse na Casa da Cultura ata o 20 de xuño, cubrindo a ficha que poden obter nas mesmas dependencias municipais ou descargándoa do blog http://culturacarral.blogaliza.org.

No caso de que o número de inscritos supere ao de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo público na Casa do Concello o martes 23 de xuño, ás 10:00 h. Terán prioridade os empadroados en Carral. Os participantes aceptados deberán formalizar o pagamento da cota de inscrición entre o mércores 24 de xuño e o venres 26 de xuño.

3 de xuño de 2015 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.