O corpo técnico do Rio Natura Monbus Obradoiro continuará unido ao completo a próxima tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro chegou a un acordo para que todos os membros do corpo técnico continúen no club durante a tempada 15/16. Desta maneira, os adestradores axudantes  Gonzalo R. Palmeiro e Víctor Pérez; o preparador físico Óscar Viana; o fisioterapeuta Tomás Richartz; o encargado de scouting e desenvolvemento de xogadores, Dan Petts; e o delegado Fran Grela, únense a Moncho Fernández, xa renovado por dous anos, na dirección do persoal obradoirista do próximo curso.

“Cando no seu momento renovamos ao primeiro adestrador, a formulación do club e do propio Moncho Fernández ía encamiñado á continuidade de todo o equipo técnico, que estamos moi contentos de que se produciu na súa totalidade. Cada un na súa parcela: Gonzalo, Víctor, Óscar, Tomás, Dan e Fran resultan fundamentais para a consecución dos obxectivos do club e a progresiva implantación da súa filosofía e valores. Esta comuñón e compromiso está a facernos mellores cada ano e por iso hoxe é un bo día para o Rio Natura Monbus Obradoiro”, declarou respecto diso José Luís Mateo, director xeral do club.

25 de xuño de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.