O Conello da Coruña estuda municipalizar o servizo da ORA
O goberno local da Coruña, a través da Concellaría de Facenda e Administración, iniciou os trámites de cara a “municipalizar” o servizo da ORA, “que o anterior goberno deixou en trámite, pendente de resolución definitiva de adxudicación”. Nun comunicado, precisa que o departamento da asesoría xurídica “será o encargado de analizar o procedemento para a xestión directa do servizo dende o Concello e as alternativas a esa municipalización, en atención especial ao asunto de limitacións legais para a súa contratación de persoal”.
Ademais, afirma que os servizos xurídicos “determinarán se a renuncia ao contrato se axusta ao dereito e estudarán a prórroga forzosa do actual adxudicatario”. Despois, o informe deberá facer unha estimación “das consecuencias que tería para o Concello a renuncia á adxudicación”.
POSIBLE XESTIÓN DIRECTA
O goberno local sinala que o informe xurídico supón “abrir o proceso cara á posible recuperación da xestión directa deste servizo municipal, que ata agora se prestaba a través dunha concesión”.
En calquera caso, precisa que será o pleno da vorporación que teña a última palabra sobre a formación de xestión do servizo”.
“De ser viable, a municipalización obrigaría á renuncia do actual procedemento de adxudicación e ordenar a prórroga forzosa temporal do presente contrato polo menor tempo posible, tal como prevé a lexislación de aplicación,”, explica.











