publicidade hoxe

O concello do Carballiño recorda a obrigatoriedade de manter limpas de maleza as fincas rurais e urbanizables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Ante a chegada do verán, época na que poden producirse con maior facilidade os incendios, o concello do Carballiño lembra a todolos propietarios de fincas e parcelas a obrigatoriedade de manter estas limpas de maleza, marcando a lei unha franxa de 50 metros perimetral ao chan urbano, de núcleo rural e urbanizable de limitado, así como arredor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais, situadas a menos de 400 metros do monte.

Tamén establece que nos primeiros 30 metros non poderá haber árbores, así mesmo, no caso de campings, gasolineras e industrias nas que se desenrolen actividades perigrosas, as distnacias sinaladas para estas serán de 50 metros dende o límite das instalacións.

O prazo para realizar estas limpezas rematará o vindiero 30 de xuño, e é obriga dos propietarios a limpeza das devantitas parcelas. En caso de non cumplila, o concello realizará subsidiariamente os traballos de limpeza. O custo da actuación recaerá nos titulares segundo as taxas e infraccións da ordenanza municipal.

Dende a alcaldía pídese a colaboración de todos os propietarios desas parcelas, polo ben e a seguridade de todos os veciños.

 

3 de xuño de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.