O Concello do Carballiño investiu 45.000 euros na remodelación e mellora do Auditorio Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O edil de cultura Rodrigo González Hermida, xunto con alcalde Argimiro Marnotes, anunciaron estes días os arranxos e novidades que estanse a facer no auditorio, para adaptalo as novas necesidades e, sobre todo “facer deste espacio municipal nun lugar moito máis versatil e util para todolos veciños e veciñas da vila”.

Os responsables municipais xestionaron unha subvención na deputación de Ourense, por un importe de 30.074 euros, para o acondicionamento tanto do interior como da entrada do Multifuncional. En concreto executaronse obras na cuberta de entrada o edificio, pola avenida do Balneraio, nas que reparouse totalmente a cuberta do porche. Dende fai moitos anos a entrada o multifuncional presentaba defectos que todolso usuarios soportaban, como goteiras en días de choiva “por elo era imprescindible arranxar o 100% esta cuberta”.

Así mesmo, e dentro do proxecto financiado pola Deputación, se colocou a nova tarima no esceario do multifuncional, adaptada as necesidades actuais deste tipo de infraestructuras culturais. Neste caso os traballos basaronse no revestimento da tarima de madeira e da escaleira de acceso o esceario, con tarima flotante. 

Por último, e para optimizar o máximo o espacio interior da sala principal, adaptandola as necesidades de cada actividade que alí se desenrolan, se colocarán unas mamparas móiviles de madeira, co cal o espacio para o público será maior o menor, dependendo do aforo que aglutine cada una das actividades. Estas mamparas se colocarán no pasillo central, separando a primeira zona de butacas, da segunda zona, co que ofrece a posibilidade de crear un espazo mási reducido, e cómodo, para actividades que non superen os 100 asistentes. Se a ocupación e maior, poderanse abrir as mamparas, deixando o aforo completo de case 500 persoas. 

A colocación das mamparas non impedirán o funcionamento total da sala, independentemente esten pechadas ou abertas, xa que non se obstaculizará en ningún caso o cañón de proxección nin a iluminación nin do patio de butacas nin do esceario. 

A estas melloras, executadas xa en casi a súa totalidade, debese engadir a inversión realizada pola concellalía de Cultura dirixida por Rodrigo González Hermida, na iluminación e mellora do son da sala principal do Multifuncional, Por un importe duns 15.000 euros, dotouse de nova iluminación do esceario, cun truths suspendido sobre o mesmo esceario, así como a mesa de luces que manexa todos os focos do citado truths, e o equipo de son con dous monitores de esceario, dous subgraves e duas caixas.

5 de xuño de 2015 | 16:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.