O Concello de Vilagarcía volve a sacar a concurso o quiosco da praia da Compostela co canon rebaixado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía volve a convocar o concurso para adxudicar a explotación do quiosco-bar da Praia Compostela para a temporada de verán. Dado que a primeira convocatoria quedou deserta e que a temporada de praias está ás portas, o novo goberno decidiu na súa primeira xunta de goberno flexibilizar o prego de condicións para que a oferta resulte máis atractiva aos posibles interesados. Con esta finalidade, o canon mensual a pagar polo adxudicataria redúcese a 200 euros.

O prezo inicial do aluguer das instalacións fixárase en 300 euros ao mes, 100 máis que agora. Outras das condicións que se retiran é a obriga do concesionario de asumir a limpeza dos aseos do pavillón de servizos, anexos ao quiosco, posto que como bar non abriu, estase encargando Cespa desta labor como durante os meses de inverno. Tamén se flexibilizaron outros aspectos relativos a facilitar a tramitación do proceso. O novo prego poderase consultar no perfil do contratante tan pronto como a convocatoria salga publicada no DOG, a onde se remitiu hoxe mesmo.

26 de xuño de 2015 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.