O Concello de Vilagarcía convoca os concursos para contratar a 13 socorristas e un informador turístico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Concello de Vilagarcía iniciou os procesos de selección para a contratación de 13 socorristas acuáticos e un informador turístico para a temporada de verán. A oferta xa se remitiu ao Servizo Público de Emprego a efectos de que convoquen aos candidatos que cumpren os perfís demandados de entre as persoas desempregadas apuntadas nas súas listas. A selección realizarase nos vindeiros días a través da modalidade de concurso oposición en émbolos dous casos.

O=s 13 socorristas acuáticos contrataranse a través do programa de Cooperación 2015 da Xunta de Galicia e co obxectivo de prestar os seus servizos nas praias do municipio durante a temporada de verán. Entre os requisitos que deben cumprir os aspirantes están ser maior de 16 anos, contar coa titulación específica, posuír a capacidade funcionar para o desempeño das tarefas requiridas.

Para a selección, na fase de concurso valoraranse aspectos como contar con títulos como o de patrón de embarcación de recreo ou de navegación básica, ter formación especializada no uso de desfibrilador ou ser técnico de transporte sanitario.
Na fase de oposición, os aspirantes someteranse a un exame tipo test sobre salvamento acuático e a unha proba de lingua galega. As probas físicas que deberán realizar inclúen varios exercizos para avaliar a súa destreza nas labores a realizar.

A contratación do informador turístico financiarase a través da subvención concedida pola Axencia de Turismo de Galicia para os municipios declarados de interese turístico e terá unha duración de catro meses. Para poder presentarse á selección deberá contarse coa titulación específica entre outros requisitos establecidos nas bases. O proceso será tamén polo sistema de concurso oposición, valorándose no primeiro apartado aspectos como os cursos de formación relacionados coas funcións da convocatoria, a situación socio familiar a antigüidade no paro, o coñecemento da lingua galega e de idiomas estranxeiros. A fase de oposición consistirá na realización dun exame tipo tests e dunha entrevista persoal.

11 de xuño de 2015 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.