O Concello de Vigo ignora ao Valedor do pobo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

A asemblea de movementos sociais, que se desprazou a Santiago para entregar un informe ao Valedor do pobo sobre as graves carencias que atravesa o departamento de Benestar Social de Vigo, recibiu hoxe resposta do mesmo aclarando que se atopa á espera dos informes que lle pediu ao concello en reiteradas ocasións, a pesar de ser de imperativo legal. O Valedor interesouse por se as novas contratacións no departamento eran suficientes, ao que a asemblea respondeu que en absoluto xa que soamente eran eventuais, durante un semestre, e que a situación seguía sendo dramática. Por iso solicitáronselle ao concello os informes actualizados sobre este departamento, os cales, de novo, non lle están sendo entregados en prazo, atopándose a institución cunha desinformación sobre a versión do consistorio, que garda silencio. Mentres, veciños de Vigo acoden á AMSV testemuñando atrasos na RISGA de ata oito meses e cortes de luz que son liquidados con colectas populares, ao existir un colapso no servizo que fai imposible unha atención temperá e eficaz. A Asemblea concentrouse ás portas do concello o sábado 13 de maio, coincidindo coa investidura da nova corporación, para solicitar a prioridade inmediata desta problemática.

15 de xuño de 2015 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.