O Concello de Ribadumia recibiu un total de 108 solicitudes para as fogueiras de San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia xa remitiu á Consellería de Medio Rural as solicitudes para levar a cabo as fogueiras de San Xoán. Este ano foron 108 interesados os que solicitaron o permiso na Casa da Cultura. Dado o alto número de solicitudes, desde o Concello de Ribadumia chamase á responsabilidade dos veciños para que adopten as medidas de seguridade necesarias: o volume do combustible da fogueira non superará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura; a separación entre as fogueiras e os edificios e as árbores serán como mínimo de doce metros; terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos; prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretanos, aceites …

Ademais, os responsables da organización coidarán de que ao finalizar a fogueira as cinzas queden totalmente apagadas e comprométese a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas.

Fogueira de San Pedro

Por outro lado, continúa aberta a inscrición para as fogueiras de San Pedro ata o 23 de xuño. A solicitude pode recollerse na Casa da Cultura de martes a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

18 de xuño de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.