O Concello de Ourense mellora o paseo fluvial e termal da marxe do río Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo e a concelleira de Termalismo, Isabel Castelo visitaron esta mañá os traballos de mellora do paseo termal da marxe dereita do río Miño, que está a executar o Concello.

A actuación conxunta das brigadas de mantemento de Infraestruturas, Medio Ambiente e Termalismo permite acometer unha posta en valor deste paseo, tan utilizado a diario por veciños e veciñas da cidade, especialmente nos meses de verán, e vía de acceso ás áreas termais de A Chavasqueira, O Tinteiro, O Muiño e Outariz – Burga de Canedo. 

Os traballos inclúen labores de mantemento e reparación do paseo, desbroces, limpeza de luminarias, reparación de pezas de mobiliario urbano, varandas, alcorques e xogos infantís. 

A visita desta mañá realizouse a unha zona especialmente precisada de intervención, a denominada “área 4”, zona de xogos infantís situada na marxe do río, e ás Termas do Muiño, que se atopan neste paseo.

A actuación neste espazo de lecer consiste na reparación de mobiliario, xogos, varandas e iluminación. Os traballos, que durante estes días se desenvolven na populamente coñecida como “pista vermella”, continuarán nos vindeiros días ao longo de todo o paseo do río.

25 de xuño de 2015 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.