O Concello de Ourense convocará un novo Pleno para o abono da obriga recoñecida con PROAVIA
O Concello de Ourense remitirá a acta do Pleno extraordinario celebrado hoxe, mércores 3 de xuño, ao Xulgado Contencioso, xa que existe unha sentencia xudicial firme que obriga ao Concello de Ourense a abonar as cantidades adeudadas contra a sociedade Proavia SL, ao recoñecérselle un dano emerxente pola caída do planeamento do ano 2003. O procedemento administrativo de pago, que require de aprobación plenaria para a súa execución non foi posible, xa que esta mañá, cos votos a favor do Partido Popular e Democracia Ourensana, foi retirado da orde do día.
O expediente tramitouse de xeito correcto para proceder ao pago e nestes intres disponse do credito necesario para poder recoñecer a obriga a favor de Proavia SL e cumprir deste xeito a sentencia 00912/2013 do Xulgado Contencioso Administrativo na que se estimaba parcialmente o recurso interposto pola sociedade Proavia SL, en concepto de dano emerxente e os intereses legas derivados da caída do Plan Xeral de 2003.
Segundo a proposta de acordo que se levaba ao Pleno do Concello desta mañá, e que conta con todos os informes técnicos favorables e foi fiscalizado de conformidade, o Concello recoñecía, a favor de Proavia SL, unha obriga por un importe total de 2.68.652,05 euros, dos cales 2.528.812,64 euros en concepto de dano emerxente e 160.839,41 euros en concepto de xuros legais devengados ata o día 21 de maio de 2015.
Así mesmo a proposta de acordo incluía “deberá recoñecerse unha obriga adicional que contemple os xuros devengados entre o 21 de maio de 2015 e o día que se faga efectivo o importe principal da débeda”.
“Chamamos a coherencia e a sensatez e a acatar o ordenamento vixente aos grupos políticos da oposición, xa que non podemos deixar que posicións políticas afecten ao cumprimento da legalidade por parte do Concello de Ourense”, afirmou o alcalde, Agustín Fernández.
Así, o goberno municipal convocará unha nova sesión plenaria no prazo de tempo máis breve posible.
Tramitación do expediente de pago
No exercicio 2015, o actual, está prorrogado o orzamento do ano 2014. O crédito que contén a cantidade para abonar o pago a PROAVIA, non é prorrogable, segundo os mesmos criterios técnicos, polos que “a súa inclusión esixiu a tramitación dun expediente de modificación orzamentaria, empregando a figura de incorporación de remanentes, o cal é posible porque a liquidación do orzamento 2014 (aprobada mediante Decreto de data 30 de abril de 2014) pon de manifesto a existencia de recursos financieiros suficientes para financiala, e foi arobada mediante Decreto de Alcaldía de 18 de maio de 2015”.
Este expediente de modificación de crédito está avalado así mesmo por resolución xudicial de 27 de abril de 2015, no que o Xulgado Contencioso Administrativo 2 de Ourense indica que o Concello ten que abonar as cantidades adeudadas e indica no razonamento xurídico 1 que “si para o pago fora necesario realizar unha modificación orzamentaria, deberá concluirse o procedemento correspondente dentro dos 3 meses seguintes ao día da notificación da resolución xudicial”. Proceder que iniciou o Concello de Ourense de inmediato.
Cumplimentados os trámites administrativos necesarios para cumplimentar o expediente, obtido o crédito, recabados os informes e fiscalizados de conformidade pola intervención municipal, se procedeu a celebrar o pleno do Concello, necesario para a aprobación do pago. O mesmo foi celebrado esta mañá o os grupos da oposición, que contan con maioría, deixaron o asunto enriba da mesa, “para mellor estudio”.
Tendo en conta que os informes e a fiscalización son favorables, o goberno municipal, convocará un novo pleno para proceder ao pago, no prazo de tempo máis breve posible. E sempre tendo en conta, que aínda que se poida modificar a proposta de acordo esta xa prevé o auto de execución definitiva de 22 de maio de 2015 polo que o Xulgado Contencioso Administrativo n2, requere ao Sr. Alcalde Presidente do Concello de Ourense para que no prazo de 15 días proceda a satisfacer as cantidades adeudadas.
Nas cantidades o auto indica un importe de 620.000 euros que non aparece reflectido na proposta de acordo plenario, sendo esto así porque os técnicos municipais, coa proposta fiscalizada de conformidade pola intervención municipal, estaban tasados os xuros por importe de 160.839,41, admitido polo xulgado ao contemplar a primeira cantidade como “prudencialmente se fixan para intereses, gastos e costas, sen perxuízo de ulterior taxación” e contemplando a proposta que se elevaría a Pleno que “deberá recoñecerse unha obriga adicional que contemple os xuros devengados entre o 21 de maio e o día no que se faga efectivo o importe principal da débeda”
Así, o Concello de Ourense debe abonar a cantidade recoñecida nos informes técnicos que se inclúen no expediente, 2.689.652,05 euros, e no caso de que, unha vez abonada, o xulgado considere que se ten que devengar algún interese este o reclamará á institución, sendo obxecto do seu propio expediente.











