publicidade hoxe

O Concello de Oleiros devolverá as taxas aos demandantes de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, anunciou esta mañá a súa intención de devolver ás persoas participantes nos procesos de selección de persoal do Concello as taxas aboadas por este concepto. García Seoane criticou que persoas que se atopen en situación de desemprego teñan que aboar diñeiro por participar nos procesos selectivos da Administración. Como exemplo puxo a taxa de 12 euros aboados por preto de 200 persoas que se presentaron ás seis prazas de operario para limpeza de praias. «A vida está complicada para moita xente e non podemos permitir estas cousas», sinalou.

Ademais, o rexedor comunicou a súa intención de tratar este asunto de forma inmediata. García Seoane anunciou que levará este asunto á próxima Xunta de Goberno local para estudar a fórmula que permita devolver o antes posible a cantidade aboada ás persoas participantes neste tipo de procesos.

9 de xuño de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.