publicidade hoxe

O Concello de Oleiros contrata melloras en diversas rúas do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros contratou traballos de mellora en diversas zonas do municipio. Esta serie de obras completarán nalgúns casos o trazado urbano, mellorarán noutros e optimizarán servizos como o abastecemento de augas naqueles onde este presenta anomalías. En total o Concello investirá 376. 531 euros neste conxunto destas obras. Deste modo, nos próximos días comezará a construción do novo acceso ao colexio de Nós. A construción dunha nova vía permitirá que o centro escolar que empeza a funcionar o próximo curso conte cun acceso capaz de asimilar o fluxo de autobuses escolares. Estes traballos suporán un investimento municipal de 89.560 euros.

Tamén nos próximo días comezará os traballos de pavimentación nas rúas As Becerras e Manuel Céspedes, así como a construción de novas beirarrúas na rúa que dá acceso á urbanización Rialta, en Arillo. Estas tres obras supoñen un investimento de 58.433 euros.

Ademais, levarase a cabo a pavimentación das rúas Thomas Price, en Dorneda, e Xan Vicente Viqueira, en Nós. Este último contrato, que supón un investimento de 87.274 euros, inclúe a renovación da rede de pluviais na rúa Suárez Picallo, en Liáns. Así mesmo, e en canto a servizo de abastecemento de augas se refire, renovarase por 144.854 euros a tubaxe de abastecemento de auga nas avenidas Francisca Herrera e Ramón Núñez Montero.

4 de xuño de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.