O Concello de Lalín porá no paseo do Pontiñas un vixiante nocturno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O paseo do Pontiñas contará cun vixiante que se encargará de controlar a zona para evitar actos vandálicos e realizar tarefas de mantemento. Esta persoa desenvolverá a súa actividade en horario nocturno e empezará a traballar nos vindeiros días.

O goberno municipal adopta a decisión de poñer un vixiante no paseo co obxectivo de minimizar os desperfectos que se rexistran neste espazo de ocio e esparcimento a cada pouco. Ao mesmo tempo, o vixiante tamén realizará tarefas de mantemento co fin de que o paseo do Pontiñas presente un aspecto impecable e que os veciños de Lalín e os visitantes poidan gozar sen atrancos dos seus atractivos naturais.

18 de xuño de 2015 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.