O Concello de Lalín apela ao consumo responsable de auga para evitar problemas de abastecemento por mor da seca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O goberno municipal de Lalín apela ao consumo responsable de auga durante este verán. As elevadas temperaturas dos últimos días e a ausencia de choivas non ocasionaron problemas de abastecemento e os niveis de auga son aceptables a día de hoxe, pero dende o concello pídeselles ao veciños que actúen con prudencia e aplicando medidas de aforro para evitar futuras carencias e restricións.

O propio concello de Lalín vai adoptar medidas para racionalizar o consumo de auga durante estes días e evitar o gasto innecesario no rego de parques e xardíns. Esta política preventiva aplicarase durante todo o verán co obxectivo de garantir o subministro durante a época de máis calor. 

30 de xuño de 2015 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.