publicidade hoxe

O Concello de Carral e o Club Marineda ofertan cursos de tenis durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Un ano máis, Carral contará cunha oferta de cursos de tenis durante os meses de xullo e agosto. Estas clases nacen da colaboración entre o concello da localidade e a Escola de Tenis Marineda, e nelas os alumnos poderán iniciarse ou perfeccionar as súas habilidades coa raqueta.

As idades dos participantes partirán desde os 5 anos en diante. Haberá niveis de iniciación e perfeccionamento para que todos os afeccionados teñan a opción de adentrarse neste deporte.  Segundo as idades e o nivel dos alumnos/as faranse distintos grupos, en horario de luns e mércores de 18.30 a 19.30 ou de 19.30 a 20.30.

En cada grupo, as prazas estarán limitadas a 10 alumnos/as, de forma que proceso de ensino e aprendizaxe sexa máis efectivo. Ademais as clases serán impartidas por monitores titulados da escola de tenis Marineda nas pistas municipais de tenis de Carral. 

O custo dos cursos será de 22 € por alumno e mes. Todo aquel que estea interesado pode informarse, ata do 30 de xuño, na Casa da Cultura de Carral, no Centro Deportivo, no tlfo. 981.67.25.80.

19 de xuño de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.