O Concello de Bueu publica a lista definitiva dos socorristas para as praias do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello vén de publicar a lista definitiva coa relación dos socorristas seleccionados para prestar servizos nos diferentes areais buenenses. Así, tras a celebración dunha proba de aptitude física e dun exame teórico, foron seleccionados tres patróns e seis socorristas todos eles homes.

No prazo de dous días hábiles, os seleccionados deberán entregar o certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que inhabilite para o desenvolvemento das funcións e unha declaración xurada de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, e non atoparse en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade. Así mesmo deberán presentar os orixinais das copias da documentación presentada xunto coa instancia, como o DNI, o título de graduado escolar ou equivalente, a inscrición no rexistro profesional de socorristas acuáticos de Galicia e título de patrón para a navegación básica ou equivalente. De non presentar a documentación, pasarase aos seguintes na lista de reserva.

O contrato é durante a tempada de verán, ata o 15 de setembro, e cun total de 37,5 horas semanais cun horario distribuído segundo as necesidades do posto.

30 de xuño de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.