O Concello da Laracha levará a cabo varias probas de selección de persoal na próxima semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha contratará de xeito temporal (tres meses) a quince persoas que formarán as cuadrillas de limpeza, conservación e mantemento de praias e entornos medioambientais de cara á próxima época estival. Son un total de 85 persoas as que participaran na proba práctica que se levará a cabo o mércores 24 de xuño ás 09:30 na Praia de Caión (diante do posto de salvamento e socorrismo)

Por outra banda, a semana que vén serán publicados os listados definitivos de persoas admitidas e excluídas no procedemento de selección dos tres operarios que comporán o equipo de obras e servizos municipais e dos tres socorristas e patrón de embarcación. Ademáis darase a conocer a data da proba de cada un destes procesos de selección de persoal. 

A contratación destas 18 persoas que compoñen as cuadrillas de limpeza, conservación e mantemento de praias e entornos medioambientais e máis o equipo de obras e servizos municipais realizarase coa colaboración económica da Deputación Provincial da Coruña. A contratación dos socorristas está financiada pola Consellería de Traballo o Benestar.

18 de xuño de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.