O Concello da Laracha constitúe as novas comisións informativas
O Concello da Laracha constituíu as dúas Comisións Informativas Permanentes que terán como función durante a nova lexislatura o estudo, informe e consulta dos asuntos que se someterán con posterioridade á decisión do Pleno da Corporación ou da Xunta de Goberno Local no caso de que esta actúe con competencias delegadas polo Pleno.
Na pasada lexislatura había cinco Comisións Informativas Permanentes que agora se simplificarán en soamente dúas e que en ambos casos estarán formadas, atendendo a criterios de proporcionalidade na Corporación municipal, por cinco concelleiros do Partido Popular e un de cada grupo da oposición (BNG, PSOE e TeGa).
As Comisións Informativas Permanentes constituídas, os seus membros (titulares e suplentes) e os presidentes das mesmas son:
Comisión Informativa Permanente de Asuntos Económicos, Facenda e Especial de Contas
Grupo municipal do Partido Popular
1º titular: Alberto Blanco Veiga (presidente)
2ª titular: Adelina Liste Monelos.
3ª titular: Cristina Vieites Calvo.
4º titular: Antonio Fraga Bolón.
5ª titular: Ana Belén Rodríguez Vilas.
1º suplente: Alberto Fuentes Prego.
2º suplente: Ramiro Bello Recouso.
3º suplente: Jesús Souto Pena.
4ª suplente: Patricia Bello Canedo.
5ª suplente: Rocío López Rey.
Grupo municipal do BNG
1º titular: Xoán Manoel Sande Muñiz.
1ª suplente: Carolina Castiñeiras Brandón.
Grupo municipal do PSdG-PSOE
1º titular: Eladio Verdía García.
1º suplente: Juan Caamaño Regueira.
Grupo Mixto (TeGa)
1º titular: Antonio Antelo Añón.
Comisión Informativa Permanente de Asuntos Xerais do Pleno
Grupo municipal do Partido Popular
1º titular: Ramiro Bello Recouso (presidente).
2ª titular: Adelina Liste Monelos.
3ª titular: Cristina Vieites Calvo.
4º titular: Antonio Fraga Bolón.
5ª titular: Ana Belén Rodríguez Vilas.
1º suplente: Alberto Fuentes Prego.
2º suplente: Alberto Blanco Veiga.
3º suplente: José Ramón Martínez Barbeito.
4ª suplente: Patricia Bello Canedo.
5ª suplente: Rocío López Rey.
Grupo municipal do BNG
1ª titular: Carolina Castiñeiras Brandón.
1º suplente: Xoán Manoel Sande Muñiz.
Grupo municipal do PSdG-PSOE
1º titular: Juan Caamaño Regueira.
1º suplente: Eladio Verdía García.
Grupo Mixto (TeGa)
1º titular: Antonio Antelo Añón.











