publicidade hoxe

O Concello da Baña inicia o plan municipal de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Baña
A-
A+
Presentación do curso

Presentación do curso

O Concello da Baña acaba de poñer en marcha, concretamente o pasado 15 de xuño de 2015, o programa municipal de emprego, FOR-EMPREGA. Trátase dun proxecto municipal que combina formación e emprego co obxectivo de capacitar a 12 mulleres da Baña, en limpeza de superficies e locais, e como camareiras de pisos, de cara a unha posible inserción laboral. As persoas beneficiarias ao finalizar a parte teórica do curso van ter a posibilidade de realizar prácticas non laborais en empresas relacionadas coa formación recibida.

Ademáis desta formación, as asistentes contarán co apoio de orientación laboral e dunha titorización que lles servirá de guía e acompañamento no proceso de inserción. Recibirán, tamén, formación en técnicas de busca de emprego, ventas, motivación e emprendemento, márketing, negociación. No plan de formación poden participar aquelas persoas que lles interese aínda que non estean realizando os cursos de limpeza de superficies e de camareira de pisos. Parte destas accións formativas subvenciónanse coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros talleres formativos complementarios deste plan son obradoiros de arte floral e obradoiros de reciclaxe e refugallo de 15 horas cada un deles. Para máis información, poden dirixirse á oficina de desenvolvemento local do Concello da Baña ou nos teléfonos 981 886777 ou 981 886501, ext. 3.

18 de xuño de 2015 | 18:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.