O colexio Lar de Mos celebra a gradación de medio centenar de estudantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Graduados 4º ESO

Graduados 4º ESO

Finaliza un curso máis pero de maneira especial que outros anos. E é que o alumnado de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria e de segundo de Bacharelato do Colexio Lar, en Mos, festexaron o fin dunha etapa dos seus estudos cunha gala de gradación.

32 estudantes de ESO e 20 de Bacharelato foron recoñecidos polos seus profesores e familiares nun acto que reuniu a unhas 150 persoas. A maioría dos primeiros continuarán no mesmo colexio cursando o Bacharelato, con todo, aos segundos espéralles unha nova etapa fóra, gran parte deles irán á universidade á que chegarán non sen antes afrontar a tan temida, e á vez sempre superada, proba de Selectividade.

Durante o acto interviñeron o xefe de Estudos, Marta Vilas, a cal eloxiou os éxitos conseguidos polos estudantes desexándolles a maior das sortes no seu futuro máis próximo, e catro alumnos en representación de todos os graduados, Manuel Viso e Carlos Magán, de segundo de Bacharelato, e Uxía Álvarez e Adrián Alvo de cuarto de ESO.

Especialmente emotivas resultaron as intervencións dos respectivos titores, Susana Rodríguez de 4º de ESO e Manuel Ledo de 2º de Bacharelato.

Unha vez finalizado o acto de gradación ofreceuse a todos os asistentes un ágape elaborado polo equipo de traballo de José María Esteban Quiñoa, docente do centro nos seus cursos de cociña, e  xefe de cociña de Recorcho Gastrobar, en Pontevedra.

Desde o Colexio Lar lembran que o prazo de matrícula para o próximo curso abrirase o 20 de xuño, ata o día 30 do mesmo mes, para as etapas de Educación Infantil e Primaria; e do 25 de xuño ao 10 de xullo, para Educación Secundaria e Bacharelato. En setembro abrirase un prazo extraordinario, do 1 ao 10, para estas etapas educativas.

17 de xuño de 2015 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.