O Centro Cultural da Guarda celebra o sábado un festival benéfico para loitar contra a fame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado, día 6 de xuño, celébrase no Centro Cultural da Guarda un festival benéfico promovido pola ONG “Manos Unidas” en colaboración co Concello, baixo o lema “Todos unidos contra a fame no mundo con música e baile”.

No evento, que comeza as 20,30 horas, actuará a escola de danza “Bambalina” de Vigo, o grupo de acordeóns “Lembranzas”, do Rosal, un cuarteto de clarinetes do conservatorio de Tui e o grupo de pandereteiras infantil “Caraina”. Ademais contarán coa actuación da escola de baile “Xamaraina” e cun recital de poesía da man de Iria Sanz, Blanca Martínes, Rafael López e Oliva María González.

A entrada ó espectáculo é gratuíta pero no interior a organización venderá unhas rifas coas que os presentes poderán conseguir diferentes agasallos ó término de tódalas actuacións.

Espérase que sexan moitas as persoas que acudan a este evento benéfico para loitar contra a fame.

2 de xuño de 2015 | 10:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.