O centro comercial As Cancelas reciclou 438 toneladas de residuos en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

As Cancelas reciclou 438 toneladas de residuos durante o pasado ano 2014, das cales 382 toneladas son de papel e cartón; 19,2 de envases; 17,6 de plásticos; 6,8 de madeira e 12,4 de vidro. Estas toneladas recicladas equivalerían ao peso de 95 elefantes, 7 hipopótamos, 17 xirafas, 13 osos polares e 13 rinocerontes. 

A implicación do centro comercial coa sustentabilidade complétase durante este mes coa exposición Planeta de Reciclaxe para concienciar sobre a importancia da reciclaxe e cun ciclo de actividades enfocadas en potenciar as súas oportunidades, que comezaron o venres 5 de xuño con motivo do Día do Medio Ambiente e que se prolongarán ata este domingo 21 de xuño.

A planta 1 das Cancelas alberga unha Casa Reciclada, na que se recrea unha vivenda común con elementos reciclados que xogan un papel fundamental, tanto no relativo á decoración como ao uso diario.

A exposición complétase cunha mostra de Robots Mariños, instalada na planta 2 e na que cobran vida unha serie de criaturas mariñas creadas con material reciclado. Estas figuras contan con mecanismos que se activan con sensores de movemento, permitindo ao público interactuar con elas.

Os talleres de reciclaxe teñen horario de 17h a 20h os venres e de 12h a 14h e de 17h a 20h os sábados e permitirán descubrir novas ideas relacionadas coa reciclaxe a partir de materiais que se poden atopar en calquera fogar.

16 de xuño de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.