O Celta volve incluír na campaña de abonados o pago fraccionado do carné
Unha vez máis, o Real Club Celta ofrece aos seus abonados facilidades de pago para renovar ou darse de alta sen ter que realizar un único desembolso. Os usuarios de Tarxeta Comercio ou VISA Abanca poderán pagar ata en tres meses sen intereses, mentres que aqueles que desexen fraccionar máis o abono poderán utilizar o Credicelta, que, unha vez autorizado por Abanca, permite o pago a prazos ata en 12 meses cun interese competitivo. Para gozar desta vantaxe, os abonados deberán presentar nos despachos de billetes do estadio o seu DNI e o número de conta de Abanca.
Por outra banda, os abonados que domiciliaran o pago recibirán o cargo a partir do día 15 de xuño e poderán retirar o seu carné presentando o xustificante bancario nos despachos de billetes desde o día un do próximo mes de agosto.











