O Celta lanza a súa campaña de abonados con vantaxes e descontos durante o mes de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O Real Club Celta afronta a tempada 2015/2016 coa ilusión que lle confiren non só a excepcional campaña recentemente concluída cun meritorio oitavo posto na táboa, senón tamén os seus grandes proxectos, como a nova sede ou a remodelación integral de Balaídos. A eles hai que sumarlle un máis, o aumento da súa masa social, o crecemento da gran familia celeste, fundamental na consecución dos obxectivos da entidade. Para iso lanza unha campaña de abonados, co lema Xuntos Crecemos, que volve integrar novidades, vantaxes descontos e uns prezos situados entre os máis baixos da categoría.

Para empezar, o club mantén o prezo dos abonos da pasada tempada, sen subida algunha, para premiar a fidelidade dos abonados celestes e propiciar o aumento da masa social.

A campaña de abonados inclúe un desconto do cinco por cento sobre o prezo final nas renovacións, acumulable aos que se ofrecen a accionistas e familiar (10 por cento), ata un máximo do 15 por cento, para aqueles celtistas que tramiten o seu carné ata o 30 de xuño. Ademais, ata esa data, tanto renovacións como altas quedarán exentas de pagar suplementos nos partidos designados como de Días do Club, que serán un mínimo de tres.

En canto ao prezo das altas, que só se tramitarán para as bancadas de Marcador, Gol e Tribuna, tampouco sofren incremento. A cota de alta tamén se mantén en 85 euros para categoría adulto e 45 para o resto de categorías.

Para esta campaña, o club estrea os seus novos despachos de billetes, nas que se realizarán todos os trámites, tanto renovacións como altas, cun amplo horario durante o mes de xuño: de luns a venres de 9.00 a 20.00 horas de maneira ininterrompida.

1 de xuño de 2015 | 20:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.