O Carballiño celebra o seu tradicional certame coral o 28 de xuño

Presentación do certame coral
O edil de Educación e Cultura Diego Fernández, presentou hoxe, xunto co responsable do coro Música Viva do Carballiño Antonio Rey, o certamen coral que terá lugar o vindeiro 28 de xuño no templo da Veracruz, e no que actuarán a coral polifónica La Salle de santiago, a coral polifónica A Torre de Maside, e o coro de cámara Musica Viva do Carballiño.
Diego Fernández aproveito a súa presenza ante os medios para agradecer este tipo de actividades convocadass dende os colectivos carballiñeses, e animaba a todolos grupos e asociacións a programar actividades que “sempre terán a colaboura do concello, xa que entendemos que a cultura debe ser algo plural no que debemos participar todos”.
Antonio Rey pola súa banda destacou o nivel das agrupacións corais participantes. No referente a coral de La Salle de Santiago destacou a súa participación en concertos internacionais como o London Forest ou o Grotaferrata en Roma. Composto por 43 voces mixtas dirixidas polo Irmán Santos.
No referente a cora A Torrre de Maside, conta con 22 voces mixtas, dirixidas por Marcos Fernández Varela, e conta no seu curriculo cun gran número de actuacións repartidas por tod a a xeografía nacional.
Por último o coro de cámara Música Viva do Carballiño, que naceu no ano 2009, está composto por 14 voces dirixidas por Cristina Blanco Cid, e na sua curta traxectora participuo xa en varios certames de corais, recibindo nos anos 2011 e 2012 os primeiro premio no certame de rondallas e corais Santiago Apostol.
Tanto o edil carballiñés como Antonio Rey animaron a todolos veciños e veciñas , a que asistan a este certame que unirá a calidade das voces ca beleza do entorno onde vaise a celebrar, o templo da Veracruz.











