O Campionato Galego de barcos de equipo reunirá a 170 participantes en Verducido
O Campionato Galego de barcos de equipo reunirá este sábado en Verducido, a partir do nove da mañá, a 170 barcos que competirán por alcanzar un dos títulos máis importantes da tempada. A xornada será intensa, xa que se realizarán un total de 45 saídas nas modalidades de K-2, K-4, C-4 e C-2. Salvado na modalidade de C-4, as distancias son de 1.000, 500 e 200 metros.
Na competición, á que acudirán a maior parte dos clubs galegos, estarán preseneses os xuvenís, sénior e veteranos. Carlos Pérez Rial, José Luís Bouza, Sergio Vallejo, Brais Casas, Adrián Sieiro, Rubén Milán ou Ton Campos formalizaron a súa inscrición. En varias das categorías teranse que disputar as regatas de contrarreloxo para poder alcanzar a final.
O Campionato Galego de barcos de equipo, tanto para a categoría masculina como feminina, iniciaranse as nove da mañá. Segundo a programación, primeiro disputaranse as probas de 1.000 metros, seguirase coas de 500 metros e terminará a competición coas de 200 metros.