O campamento urbano Lumieira Cup’15 comeza en xullo con 20 becas de gratuidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral en funcións, Esther Muñóz, e o Presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo “Choury”, presentaron esta mañá a sétima edición dos campamentos de verán Lumieira Cup’15.

O Concello de Lugo, a través a Concellería de Deportes, a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua e o Parque Infantil de Tráfico, colaboran nesta nova edición dos campamentos urbáns polideportivos, que se desenvolverán do 1 ao 31 de xullo na cidade.

Esther Muñóz, explicou que “dende o Concello tratamos de potenciar este tipo de actividades xa que son doblemente interesantes, por un lado forman aos nenos e nenas e polo outro, facilitan a conciliación familiar  ademais de que coñecen e practican deportes minoritarios”.

O campamento está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos e desenvolverase de luns a venres, de 09.30 a 13.30 horas e de 15.30 a 19.30 horas, no Polideportivo da Facultade de Formación do Profesorado. Según destacou o coordinador do campamento e presidente da Asociación Lumieira, Óscar Lorenzo, hai posibilidade de optar aos campamentos tanto mensualmente como por semanas:

1ª semana – do 6 ao 10 de xullo

2ª semana – do 13 ao 17 de xullo

3ª semana – do 20 ao 24 de xullo

4ª semana – do 27 ao 31 de xullo 

Este ano este campamento urban conta cunha novidade importante como é programa de becas Te lo mereces!  e que permitirán a vinte nenos e nenas estar unha semana no campamento de maneira gratuita, para máis información na súa páxina web. 

A Lumiera Cup’15 contará con opción a comedor, ademais de que a 3 e a 4 semana poden sair de balde para os nenos e nenas que se queden durante as dúas primeiras. Tamén poderá participarse na actividade as Noites Divertidas que se desenvolverán unha noite por quincena. A parte das actividades deportivas programadas, como loita, rugbi, karate, piragüismo, beisbol, tenis de mesa, patinaxe, fútbol sala, balonmán, atletismo, golf, piscina, hípica… os rapaces e rapazas tamén terán actividades lúdicas como excursións.

O prazo de inscripción para a primeira semana do campamento remata o día 26 de xuño. As inscripcións poden facerse a través das páxinas web: http://lumieiracup15.blogspot.com ou lumieiralugo@gmail.com .

8 de xuño de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.