O BNG volve responder a Louzán vía Twitter: “Vaino asumindo, acabouseche o choio”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+
Europa Press

resposta-bng-a-louzanO BNG volveu recorrer á ironía en Twitter para responder ao último chamamento a negociar do actual presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, Rafael Louzán. “Vaino asumindo, acabouseche o choio. Rematou o caciquismo e o nepotismo”, proclaman os nacionalistas na súa conta oficial, xunto a un vídeo dunha persoa chorando compulsivamente ante a pantalla dun ordenador.

O tweet foi lanzado horas despois de que Rafael Louzán insistise ao Bloque na súa disposición para negociar sobre a Presidencia da Deputación de Pontevedra, a pesar de que o BNG rexeitou reiteradamente esta opción.

Louzán considerou asumibles as condicións impostas polos nacionalistas para a corporación provincial e agradeceu ao BNG que “ofreza un pacto de goberno”, despois da presentación do acordo de mínimos que o deputado nacionalista César Mosquera realizou este luns á prensa e que estaba dirixida ao PSOE.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, respondeu a ese novo ofrecemento cun: “Tarde piaches”. E horas despois, os nacionalistas decidiron tamén volver recorrer a Twitter, como xa houberon a semana pasada, cando por boca dun bebé pecharon a porta a negociar co popular cun contundente “non”.

Tras os comicios do pasado 24 de maio, por primeira vez a esquerda poderá presidir a Deputación de Pontevedra, posto que o PP perdeu a maioría absoluta, ao retroceder a 12 deputados, por dez do PSdeG, catro do BNG e un de Marea de Vigo-SON.

9 de xuño de 2015 | 19:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.