O BNG cre que o informe da Marea ratifica a nefasta xestión económica dos populares na Coruña
O grupo municipal do BNG manifestou que o informe da Marea, no que denuncia un desaxuste de 21,1 millóns de euros nas contas municipais de A Coruña, ratifica “que a previsión de ingresos era irreal” e tamén “a nefasta xestión económica” do PP. Os nacionalistas, que votaron en contra do presuposto municipal de 2015, subliñan que xa denunciaron no seu día “a insuficiencia” na previsión dalgunhas partidas de gastos.
Tamén remarcan que consideraron “irreal” a previsión de ingresos do PP, do que asegura que tiña previsto ingresar máis “pola vía dos impostos, sen ter en conta a situación económica, e pola vía do crédito, pensado para financiar o capricho da obra da Mariña e do Parrote”.
O BNG alude “tamén á irresponsabilidade” do PP, do que afirma que, durante a súa xestión no goberno municipal de A Coruña, “realizou unha falsa previsión de ingresos e de gastos”. “Sen ter en conta a situación económica, primando o dispendio das obras da Mariña e do Parrote fronte ao emprego, os servizos sociais ou os barrios,”, reitera.











