publicidade hoxe

O Auditorio Municipal de Ribadumia acollerá un concerto do cantautor galego Xoán Curiel o vindeiro 19 de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia en colaboración coa Xunta de Galicia, organizou para o vindeiro 19 de xullo o concerto Estamos no verán!!!  a mans do cantautor Xoán Curiel e a banda Son+d2 dentro do programa de dinamización lingüística da Xunta falaREDES.

O concerto vai dirixido a nenos e nenas de 7 a 12 anos, aínda que a variedade de estilos musicais que presenta –con mestura de funk, rock, pop, reggae, bossa nova ou blues– e mais as coreografías propostas pola bailarina Marta Alonso divertirán tamén a toda a familia. Sempre con un único obxectivo: empregar o galego. 

Estamos no verán!!! visitará durante os meses de xuño e xullo 18 entidades da Rede de Dinamización Lingüística, e será o domingo 19 de xullo cando chegue ata o Auditorio Municipal de Ribadumia a partir das 12:30 horas da mañá. A entrada é gratuíta. 

Esta é xa a cuarta edición do programa de dinamización lingüística falaRedes da Xunta de Galicia, unha proposta que naceu co obxectivo de facer propostas de ocio e tempo libre en galego e que está a percibir moi boa acollida por parte do público. 

A música será este ano a encargada de fomentar a nosa lingua a mans de Xoán Curiel, un dos músicos galegos máis recoñecidos a nivel autonómico con tres discos en galego ás súas espaldas. 

Aínda que o seu estilo principal é o pop, tamén se sumerxe no reggae, a música de autor, o jazz… Nesta ocasión achegarase ata o noso Concello con un repertorio para os máis pequenos sen esquecer o importante que é a difusión da nosa lingua.

30 de xuño de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.