O Alondras presenta aos adestradores da base
O Alondras CF non deixa de traballar na vindeira tempada e nas últimas horas presentou ós seus adestradores dos equipos da base de cara ó vindeiro curso. Nas categorías de fútbol 11 destaca o equipo Xuvenil A, que milita na División de Honra, e que será adestrado por un tándem formado por Duarte, que xa o viña facendo no final da tempada pasada, acompañado nesta ocasión por Javier Tenorio. Mentres o xuvenil B adestrará baixo o mando de Pablo Refojos. No banco do cadete A sentarase un adestrador con moita experiencia como é José María Rial, quen xa adestrou ó equipo senior na tempada 2012/13 ademáis de outros equipos da zona como o Bahía. No cadete B estará Diego Paz. Marcos Teixeira e Bruno Gago serán os responsables dos equipos infantil A e B respectivamente.
En canto ás categorías de fútbol 8 os alevíns A estarán baixo as ordes de Quino Refojos e o B terá a un xogador do primeiro equipo, Abel Martínez como técnico. SusoParcero será o máximo responsable dos benxamíns A e Pitu, taménxogador do equipo seniorencargarase do benxamín B. Na categoría prebenxamín estarán Jesús Parcero e Luis Gil.
Tódolos equipos tanto nas categorías de fútbol 11 como nas de fútbol 8 contarán cun segundo adestrador que aínda está por determinar así como un delegado por cada un deles.











