O Alondras Club de Fútbol presenta a Diego Diz e Rafita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Presentación de Diz e Rafita

Presentación de Diz e Rafita

Esta tarde foron presentados os dous primeiros reforzos do Alondras CF, o mediapuntaDiego Diz e o extremo esquerdo Rafita, nun acto no que estiveron acompañados polo presidente do club, LuisGuimeráns. Ambos xogadores mostraron a súa ilusión por xogar no Alondras, un equipo competitivo e que sempre está loitando por estar neses postos de privilexio.

Pola súa parte Rafita indicou que é a primeira vez que xogará na zona de Pontevedra e que malia ter outras ofertas decantouse polo club cangués por poder compaxinalo co seu traballo. Destacou tamén que desta zona era o que máis lle convencía por ser unha entidade seria, con grandes aspiracións. Ademáis gústalle o ambiente que cada xornada se vive en O Morrazo, cunha afeción que anima dende a bancada. Recoñece que pediu referencias a outros xogadores que formaron parte da plantillaalondrista e que todo foron alardes para o club e animárono mais a vir a Cangas. Xa falou co que vai ser o seu novo adestrador, Jacobo Montes a quen define como unha persoa que “vive o fútbol dunha maneira especial, vive por e para o fútbol”. Non dubida en decir que o obxectivo do Alondras non é a permanencia, el xa xogou dúas fases de ascenso e quere unha terceira co Alondras e se pode acadar o ascenso moito mellor.

Mentres o vigués Diego Diz, ós seus 23 anos aínda non viviu a gran experiencia de xogar unha fase de ascenso, pero asegura que lle encantaría que fose este ano, pois o seu obxectivo é estar entre os catro primeiros. Afirma que sempre tivo ganas de xogar no Alondras e que tras varios anos a piques de chegar este foi o definitivo porque estase a formar “un proxecto sólido, que ten boa pinta”, xunto con Jacobo Montes, seu novo adestrador, quen tamén tivo moito que ver na súa chegada ó outro lado da ría. Ademais considera que a el tamén lle beneficia a nivel individual , non deixa de ser un bo escaparate o feito de xogar nun dos grandes da categoría, que sempre loita por estar arriba.

O presidente doAlondras, LuisGuimeráns, mostraba a súa satisfacción coa chegada destes dous xogadores, pois son efectivos que sempre lle gustaron e será un orgullo podelos ver defender a camiseta do Alondras CF.

29 de xuño de 2015 | 21:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.