publicidade hoxe

O alcalde do Carballiño reúnese cos responsables da CIG

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

O alcalde do Carballiño Francisco Fumega mantivo unha reunión cos responsables da CIG, solicitada polo propio sindicato parta conocer o estado no que se atopaba a contratación da nova empresa que encargarse do servizo de axuda a domicilio no municipio carballiñés.

Fumega lles comentou que o proceso de contratación iniciado hai algo máis de tres meses, atopase neste intre adxudicado provisionalmente a empresa Atendo, unha das que opataban a este servizo no concurso convocado polo concello, a espera dos dez días que marca o procedemento para a súa adxudicación definitva, paso este que se dará en sesión plenaria. Fumega cumpre así o seu compromiso de dar urxencia a este tipo de adxudicaions.

Este é io primeiro contacto de Fumega ca CIG dende que fora elexido polos veciños como alcalde do Carballiño, o que amosa o interese do actual alcalde e grupo de goberno socialista en axilizar o máximo todolos procesos, e máxime cando estes teñan referencia os servicios sociais, campo no que os socialistas carballiñeses sempre amosaron un gran interese e preocupación, e tal e como viñan anunciando dende antes de chegar o goberno municipal.  

25 de xuño de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.