O alcalde de Vigo e Escotet comparten a importancia de que Abanca enfatice a súa presencia na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Reunión de Caballero e Escotet

Reunión de Caballero e Escotet

O alcalde de Vigo intercambiou esta mañá impresións sobre a situación da cidade e da súa economía durante o encontro que mantivo co vicepresidente de Abanca, Juan Carlos Escotet. Ambos coincidiron ao destacar a “importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo”.

 

O rexedor recibiu esta mañá ao vicepresidente de Abanca, con quen intercambiou impresións sobre a situación económica da cidade e sobre a marcha desta entidade financeira. Tal e como explicou o rexedor, en posterior rolda de prensa, coincidiron ao resaltar a “importancia de que Abanca enfatice a súa presencia en Vigo”, de xeito que ocupe o espazo que “tradicionalmente tiña Caixanova”. Caballero e Escotet tamén compartiron a sensación de que se está a iniciar unha reanimación da economía da cidade aínda que algúns sectores estratéxicos, como o naval, permanezan na “atonía”. Tal e como transmitiu aos medios, o responsable financeiro explicou que Abanba estase a expander en Vigo máis que en ningún outro territorio.

26 de xuño de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.