O alcalde de Ourense reúnese co presidente do Centro Comercial Aberto Couto Centro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Jesús Vázquez na reunión con Julio Prol

Jesús Vázquez na reunión con Julio Prol

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Comercio, Ana Morenza, mantiveron esta mañá unha xuntanza no Concello co presidente da asociación Centro Comercial Aberto Couto Centro, Julio Prol, e a vicepresidenta Carmen Piña, aos que trasladaron a vontade do Concello de apoiar ao comercio local como elemento fundamental da economía ourensá e prestar a súa colaboración no desenvolvemento tanto do seu labor diario como de campañas como as da volta ao cole ou Nadal, entre outras, que se desenvolverán próximamente e supoñen un reto fundamental para o comercio ourensán.

O goberno municipal comunicou aos representantes da asociación empresarial a súa vontade de que o comercio sexa un área moi importante dentro da acción política municipal durante este mandato mantendo unha liña de colaboración coas asociacións que agrupan aos empresarios do sector na cidade.

30 de xuño de 2015 | 11:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.