O alcalde de Ourense asigna as atribucións aos concelleiros do goberno municipal
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, comunicou esta mañá aos concelleiros e as concelleiras do goberno municipal as delegacións de atribucións.
Na concelleira María Sofía Godoy Gómez-Franqueira, o alcalde delega o exercizo das seguintes atribucións:
-Asuntos Sociais
-Sanidade
-Muller
-Igualdade
-Xuventude
-Voluntariado
María Sofía Godoy Gómez-Franqueira (Ribadavia, 1968): Diplomada en Relacións Laborais, máster en Xestión de Cooperativas pola Universidade de Mondragón, máster en Dirección de Recursos Humáns, pola Escola de Negocios de Caixanova, advanced Management Program, polo Instituto de Empresa, programa Certificación Internacional experto en Coaching, polo Instituto Europeo de Coaching
No Grupo Coren dende 1993, con diferentes responsabilidades na xestión de recursos humanoss, e dende 2008, xerente da Fundación Coren, onde puxo en marcha e xestionaba a área de responsabilidade social corporativa do Grupo Coren, cun plan específico que deu servizo a máis de 65.000 beneficiarios/as de toda Galicia, con maior incidencia en Ourense.
Tamén liderou plans de inclusión social, plans de emprego para persoas con discapacidade e posta en marcha de cooperativas para desempregados, así como formación para o desenvolvemento rural e programas de envellecemento activo para a terceira idade dos núcleos rurais.
No concelleiro Francisco González Bouzán:
-Portavocía do goberno
-Cultura
-Recursos Humanos
Francisco González Bouzán:(A Peroxa, 1960). Licenciado en Psicoloxía Xornalista. Experiencia en diferentes medios de comunicación (Radio Galega, Faro de Vigo e comunicacións institucional), Autor de varias publicacións sobre arte en Ourense, Técnico da Administración, Director do Centro Cultural da Deputación “Marcos Valcárcel”, Director da Escola de Artes e Oficios da Deputación de Ourense
Na concelleira Ana María Fernández Morenza:
-Facenda
-Fondos Europeos
-Comercio
Ana María Fernández Morenza: (A Pobra de Trives, 1975) Licenciada en Dereito. Avogada. Foi membro da Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Avogados e responsable da Comisión sobre Violencia de Xénero e ponente. Mediadora de seguros titulada. Foi docente na Escola de Práctica Xurídica do Colexio Oficial de Avogados.
No concelleiro José Araújo Fernández:
-Infraestruturas
-Perímetro Rural
-Parques e Xardíns
-Medio Ambiente
-Servizo Eléctrico
-Limpeza
-Transporte Público
-Viceportavoz
José Araújo Fernández (Francia, 1971) Diplomado en Ciencias Empresariais. Empresario. Ex xerente do Festival de Cine de Ourense. Concelleiro dende 2003. Presidente do Distrito de A Ponte Centro
Na concelleira Isabel María Castelo Villanueva:
-Turismo e Termalismo
-Compras, suministros e contratación
-Formación Ocupacional
Isabel María Castelo Villanueva(Ourense, 1963). Licenciada en Dereito pola USC. Avogada. Foi maxistrada suplente da Audiencia Provincial de Ourense (1988/89). Foi Secretaria xeral do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela durante o curso académico 92/93. Desempeñou o cargo de Xefa de Gabinete do conselleiro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia (IV Lexislatura)
No concelleiro Jorge Pumar Tesouro:
-Servizos Xerais
-Promoción Económica
-Portavoz terceiro
Jorge Pumar Tesouro (Ourense, 1975). Diplomado en Ciencias Empresariais. Máster en Axentes de Emprego e curso superior de Técnico na Administración Local. Técnico local de Emprego no Concello de Coles. Asesor do Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense (2011/2015). Presidente do Distrito de Mariñamansa e vicesecretario xeral do PPOU
No concelleiro José Mario Guede Fernández:
-Deportes
Mario Guede (Ourense, 1952). Diplomado en Maxisterio. Mestre. Entrenador Nacional de fútbol. Concelleiro de Deportes (2003-2007). Xefe do servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dende 2009
Na concelleira María Belén Iglesias Cortés:
-Participación Cidadá
-Educación
María Belén Iglesias Cortés (Ourense, 1963). Licenciada en Pedagoxía. Pedagoga. Concelleira do Grupo Municipal do PP de Ourense (2007-2011 e 2011-2015). Presidenta do Distrito San Francisco-Barrocás-Santa Mariña
No concelleiro José Jesús Cudeiro Mazaira:
-Urbanismo e Planeamento
José Jesús Cudeiro Mazaira (Ourense, 1952). Licenciado en Dereito. Avogado.
Asesor técnico na Deputación de Ourense. Ex director xeral de Urbanismo (1997/2003). Ex director xeral de desenvolvemento rural (2003/2005)
As delegacións efectuadas polo alcalde inclúen a autorización e disposición de gastos, as facultades de dirección e xestión dos servizos correspondentes así como a facultade de resolver mediante actos administrativos que afecten a terceiros e a resolución de recursos.
Deste decreto de delegación de atribucións darase conta ao Pleno do Concello, na primeira sesión que celebre.
Xuntas de áreas
As xuntas de área, de carácter informativo para os representantes dos diferentes grupos políticos serán as seguintes:
– Urbanismo e Vivenda
– Infraestruturas, Medio Ambiente e Participación Cidadá
– Facenda, Persoal e Servizos Xerais
– Cultura, Educación, Turismo e Termalismo
– Benestar Social
– Promoción Económica, Comercio e Emprego
Tenentes de Alcalde
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, nomeará cinco tenentes de alcalde no seu goberno municipal. Serán os seguintes:
-Tenente de alcalde primeiro: Francisco González Bouzán
-Tenente de alcalde segundo: María Sofía Godoy Gómez-Franqueira
-Tenente de alcalde terceiro: Isabel María Castelo Villanueva
-Tenente de alcalde cuarto: José Araújo Fernández
-Tenente de alcalde quinto: Jorge Pumar Tesouro











