O alcalde de Ferrol recibe ás xogadoras do Club San Xoán de Tenis de Mesa

Recepción ás xogadoras
O alcalde de Ferrol en funcións, Jose Manuel Rey Varela, recibiu hoxe ao equipo feminino do Club San Xoán de Tenis de Mesa con motivo do seu recente ascenso á División de Honra.
Rey Varela, acompañado doutros membros da Corporación Municipal saínte, felicitou ás xogadoras que forman parte deste conxunto: María Calvo Rodríguez, Noa Fernández Horjales, Sasha Moreira Paulino e Paula Fernández Fernández. Na recepción tamén participaron o adestrador do equipo e o presidente do Club, Cristóbal Fernández Pérez e Manuel Fernández Lorenzo.











