publicidade hoxe

O alcalde da Lama supervisa os traballos de pintado da estrada de Liñares

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
O alcalde da Lama supervisando as tarefas de pintado

O alcalde da Lama supervisando as tarefas de pintado

O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, acompañou aos operarios da empresa encargada de realizar o pintado e sinalización da estrada de Liñares co fin de que se realizase de forma satisfactoria para as demandas dos veciños da zona.

Este proceso de pintado que se está realizando completa o xa efectuado á estrada de Xesta co que, con esta actuación, finalízanse os traballos de mellora aprobados para este viario e que foron comprometidos, hai meses, polo alcalde Jorge Canda aos veciños.

O pintado e sinalización horizontal contribúen a aumentar a seguridade viaria neste trazado de obrigado paso para as persoas que salguen ou se dirixen desde Liñares á Lama ou zonas contiguas. Esta petición fora cursada por varios veciños ao alcalde coa intención de completar as melloras en camiños que se estiveron realizando nas inmediacións. 

Con esta actuación, o Concello da Lama conclúe toda unha serie de actuacións que tiveron como epicentro os lugares de Xesta e Liñares, onde tamén se realizou un investimento importante para lograr maior accesibilidade e ensanche de camiños para favorecer o paso de vehículos de emerxencia no caso de que fosen precisa a súa intervención. 

Esta estrada que agora se pinta dá acceso ao lugar de Liñares e tamén á Fervenza ou á ponte medieval do mesmo nomee elementos moi visitados por turistas que se achegan a este lugar para gozar da súa beleza paisaxística.

30 de xuño de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.