publicidade hoxe

O 30 de xuño remata o prazo para realizar a limpieza e desbroce de fincas e solares no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Dende a área de Medio Ambiente  do concello do Carballiño que dirixe a edil Érika Paz, lembra a todolos propietarios de fincas e solares, que o vindeiro día 30 de xuño remata o prazo para realizar a limpieza e desbroce dos mesmos, tal e como manda a lexislación vixente en canto a protección contra incendios.

As limpezas e desbroces que non sexan executados polos seus porpietarios se levaran a cabo dende o concello,  cobrando posteriormente a institución municipal estes traballos os citados propietarios.

Para máis información desta norma, e de como deben executarse os citados traballos de limpieza e desbroce de fincas e solares, poden acudir as oficiñas municipais de Medio Ambiente, ubicadas na parte traseira do edificio da casa Consistorial.

24 de xuño de 2015 | 12:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.