Nydia regresa ao auditorio con dúas funcións do musical Dr. Coppelius
O Auditorio Municipal acolle esta fin de semana unha nova representación de Animación Socio cultural Nydia que, despois o éxito de público de “Viaxe a Oz” regresa co musical “Dr. Coppelius”. Máis de cen persoas interveñen na representación con voces en directo e vistosas coreografías que o público poderá gozar o sábado, 13 de xuño, en dúas funcións. A entrada custa 2 euros.
Despois do éxito do musical “Viaje a Oz” do curso pasado, Nydia despedirá a temporada actual coa representación de “Dr. Coppelius”. Baseado nun coñecido ballet clásico, os vilagarciáns fan unha adaptación da historia para adaptala aos tempos actuais e ao estilo moderno que caracteriza os seus espectáculos.
Este musical relata a historia de Franz e Shanila, dous mozos dun mesmo pobo que están namorados, aínda que ningún se atreve a confesar os seus sentimentos ao outro. Todo dará un gran xiro cando os rapaces entran na xoguetería do Dr. Coppelius, onde o dono e a súa gran creación, unha preciosa boneca, os esperan con todo menos cos brazos
abertos…Una historia bonita, divertida e diferente, para todos los públicos.
Para a ocasión, Nydia presenta un espectáculo con voz en directo con cancións actuais, ás que unha vez máis lle cambian as letras orixinais por outras de creación propia que seguen o fío da historia. Todo isto unido a coreografías de baile moderno e máis de 100 persoas en escena converterán a tarde noite do domingo en algo inesquencible.
Debido á previsión de público faranse dúas sesións do musical: ás
17:30 e ás 20:00 horas. As entradas son numeradas ao prezo único de 2 euros. Pódense adquirir anticipadamente nas instalacións de Nydia e o sábado no Auditorio una hora antes de la primeira función, e ao rematar o pase, ata cinco minutos antes da segunda.











