Novo impulso para o desenvolvemento económico de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Instituto de Crédito Oficial (ICO) concedeu un financiamento en Galicia en 2014 por valor de 308,6 millóns de euros en 5.130 operacións. Deles foron entregados en Pontevedra, 140,3 millóns de euros en 1.938 operacións. Estes son datos que a presidenta da devandita institución, Irene Garrido revelou esta mañá como invitada de honra no II Foro Empresa Pontevedra organizado pola Asociación de Xóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) e a Asociación de Pequenas e Medianas Empresas (Aempe).

Unha reunión co obxectivo de promover o desenvolvemento económico e a innovación, a competitividade e a internacionalización das empresas galegas que reuniu a máis de 50 empresarios de toda a provincia no Parador Nacional de Pontevedra.

Na súa intervención pública Garrido engadiu que, destas operacións en Galicia, o 67,7 por cento foron concedidos a microempresas de ata 9 empregados, e o 19,4 por cento a empresas con entre 10 e 49 traballadores. O 35 por cento do total das operacións destinaronse a autónomos.

O que confirma, segundo a presidenta do ICO que “os préstamos ICO alcanzan ás empresas medianas e pequeñas que son as que poden ter maís dificultade de acceso ao financiamento” e tamén “a boa capilaridade das nosas liñas”.

Respecto á provincia de Pontevedra, salientou que “sobresae por riba do resto de Galicia, en dúas liñas”. Por unha banda as de curto prazo na exportación, caracterizada polo crecemento exponencial experimentado en 2014, con 699 operacións, case o dobre da Coruña” e por outra banda, polo número de operacións concedidas que, “na Pontevedra foi a primeira cun 56 por cento de todos os préstamos na rexión” o que proba, ao seu xuizo, “o carácter internacional que teñen as empresas de Pontevedra”.

Tendo en conta a liña máis xeralista e importante do ICO, a Empresas e Emprendedores –dirixida a Pymes e autónomos para se financiar inversión e necesidades de liquidez- Pontevedra situase como a segunda rexión galega detrás da Coruña. Nela formalizáronse nos cinco primeiros meses do ano, 1.235 operacións, é dicir, un 32 por cento dos préstamos de toda Galicia neste ámbito.

Unha evolución semellante co resto do Estado onde os volúmenes de actividade do ICO repartense na meirande parte en préstamos de importe baixo. Estes, comentou a experta, “distribuyense de xeito capilar por todo o universo de Pymes y autónomos, grazas a que a mediación é un bo exemplo de colaboración público-privada coa que as liñas ICO estanse a distribuir por toda a red de sucursais das entidades financieiras que operan na banca minorista en España”. Ademáis, engadíu, “a distribución dos fondos ICO neste canal de mediación, adaptase perfectamente á estructura empresarial española na que predominan as empresas pequenas e os autónomos”.

300.000 proxectos financiados

Todo isto, levalle a considerar o ICO como “o operador necesario na saída da crise” xa que logo, defendíu Garrido, “o ICO ten mantido unha presenza activa no sistema financiero español, ofrecendo unha resposta contra cíclica ás necesidades de financiamento das empresas e favoreciendo mesmo a reactivación do fluxo do crédito”.

Dende o comezo da crise, indicou, “o peso das liñas ICO no conxunto do financiamento das pymes foi medrando de xeito sistematico, situándose coma unha entidade de referencia moi importante, nada marxinal”. “Hai que ter en conta”, insistíu, que, “na actualidade, o financiamento concedido polo ICO acada o 11,4 por cento do total do crédito do sistema financiero do Estado a empresas con vencimento superior a un ano”. Un dato que compara coa situación antes da crise: “naquel entonces, o financiamento ICO a máis dun ano, non superaba o 5 por cento do total”.

Así, proseguíu Garrido, o ICO pechou 2014 cun volumen de mediación de 21.469 millóns de euros, o que supón un 55 por cento máis que no ano anterior e un recor na historia da mediación do ICO, cos que se teñen financiados preto de 300.000 proxectos de inversión para autónomos e pymes.

Como concluíu a presidenta do ICO, a gran capilaridade na distribución de préstamos –un 51 por cento das operación- foron inferiores a 25.000 euros e un 62 por cento, concedidas a microempresas de menos de 10 empregados.

Que é Foro Empresa Pontevedra

O Foro Empresa Pontevedra é unha reunión dos empresarios e empresarias da cidade e da provincia de Pontevedra que nace co obxectivo de dar impulso ao desenvolvemento económico de Pontevedra e a rexión, fomentar a industria, promover un ambente favorable para as empresas da zona e aliñar a sua clase empresarial e asociativa para dar resposta ás necesidades empresariais de Pontevedra.

O Foro Empresa Pontevedra comezou o seu camiño cunha primeira edición celebrada o 22 de abril de 2015 coa organización de AJE Pontevedra e Aempe nun acto que reuníu no Parador de Turismo da cidade do Lérez a unha ampla representación (preto de cen persoas) do texido empresarial do municipio e da provincia.

As dúas asociacións decidiron xuntar esforzos, hai uns meses, despois de decatarse que ambas estaban a traballar ao mesmo tempo, na constitución dun punto de encontro e referencia para as empresas. Isto converteuse, logo dun acordo e impulso común, no I Foro Empresa Pontevedra.

Os responsables do Foro teñen previsto que o encontró se celebre periódicamente, cando menos, cada dous ou tres meses.

26 de xuño de 2015 | 19:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.