publicidade hoxe

Novidades na Aula CeMIT do Concello de Boiro para xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A Aula de Boiro está a traballar en dous proxectos piloto da Amtega. “Banco de Tempo”, onde estas últimas semanas ven de impartir formación por videoconferencia para as aula de Vigo e Oroso con un total de 40 alumnos/as, o vindeiro proxecto en poñerse en marcha será “Faladoiros TiC” para conectar a persoas de varios países.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a Rede CeMIT, do Concello Boiro segue crecendo gracias aos veciños/as que se achegan as instalacións para aprender, e para desfrutar da aula aberta así como tamén diversas actividades que se realizan. A afluencia media das aulas situadas do Centro Social e de 900 visitas ao mes.

A partir de luns 15 de xuño poden anotarse nos seguintes cursos e charlas:

–  Intelixencia emocional e social

–  Ferramentas colaborativas 2.0

–  Inicio á Informática

–  Inicio á Internet

–  Correo electrónico de Gmail

–  “Faladoiros TiC” dentro do proxecto CeMIT-Innova

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades (horarios, datas e contidos) poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través das páxinas web https://cemit.xunta.es e www.boiro.org, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico aos enderezos: cemit.boiro@xunta.es / axentetic@boiro.org

12 de xuño de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.