Nova iniciativa do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte na Campaña Come o Mar de Mar Galaica

Participantes en Pequechef
Esta mañá os nenos de Cabana viviron a experiencia do Pequechef, actividade de Come O Mar que realiza o Gac Costa da Morte. Os pequenos visitaron a Casa da Mariscadoras do Anllóns, onde foron recibidos pola presidenta das mariscadoras e puideron ver de cerca o traballo do marisqueo, os berberechos que se extraen da súa ría e o funcionamento da depuradora. A continuación realizaron un obradoiro interactivo de cociña; os nenos guiados por un chef, elaboraron receitas con base mariñeira e materia prima da súa ría.
O primeiro prato foi unha ensalada de de berberechos cunha presentación en forma de chalana. O segundo cunha presentación en forma de barco no que a base é unha un cachelo, a vela foi un lirio fritido e un mar verde de leituga. Esta vez nada quedou no prato e moitos repetiron.
Estas xornadas que mesturan a aprendizaxe da tradición e cultura mariñeira ca gastronomía local, tratan de achegar os máis pequenos ás bondades dos produtos do mar, o seu consumo e un mellor coñecemento das súas tradicións e raíces mariñeiras.