Nova edición do campus de tecnificación da Federación Galega de Balónmán Juan de Dios Román
O Campus Juan de Dios Román da o pistoletazo de saída a súa novena edición cargado de novidades e sorpresas que non deixarán indiferente a ningún participante. Hoxe tivo lugar en Meaño o acto de presentación do evento. Nesta rolda de prensa participaron a alcaldesa de Meaño Lurdes Ucha; o técnico da Deputación Provincial, Francisco Teixeira; o presidente da Federación Galega de Balonmán, Xosé Luis Pérez Ouro, ademais dos presidentes dos clubs de balonmán do Rasoeiro e Meaño.
Un total de 65 xogadores e xogadoras chegados de distintos puntos da xeografía nacional gozarán dende mañá 27 de xuño e ata o próximo sábado 4 de xullo, dos mellores monitores, adestradores e xogadores da comunidade galega, xa que nesta edición o Campus apostou claramente polas estrelas dos banquiños e das pistas `da casa´. Desta maneira, técnicos da talla de Quique Domínguez (SD Teucro), Víctor García `Pillo´ (Cangas Frigoríficos do Morrazo) ou Javier Fernández `Jabato´ (Academia Octavio) estarán xunto cos participantes dando verdadeiras leccións de técnica e táctica. Por outra banda, os mellores xogadores galegos estarán tamén presentes neste Campus.
íctor Vigo e Pedro Rodríguez (Naturhouse La Rioja), Javi Díaz (Villa de Aranda), Diego Piñeiro (Ademar León), Carlos García (SD Teucro), Rodrigo Corrales (Orlen Wisla Plock), Iván Amarelle e Adrián Rosales (Cangas Frigoríficos do Morrazo) ou Carla Cacheda (BM Porriño), compartirán a súa calidade cos nenos e nenas deste Campus Juan de Dios Román. A través da páxina web do Campus (www.campusjdr.com), do Facebook (Campus Juan de Dios Román) e do Twitter (@CampusJDR2015), manterémosvos informados día a día.











