Nova edición da gala internacional Sólodos en danza
O vindeiro xoves día 18 de Xuño poderemos gozar dun espectáculo internacional que acontece na cidade de Ourense. A III Edición da Gala Internacional SóLODOS EN DANZA – DANZA NO CLAUSTRO. Unha proposta escénica, un proxecto creado e organizado en exclusiva para o Claustro de San Francisco da cidade de Ourense. Un espectáculo de danza con artistas internacionais e locais, un evento único polas súas características.
A Gala Internacional SóLODOS EN DANZA, celébrase anualmente na cidade de OURENSE desde 2013 e forma parte dun proxecto cultural internacional, que fomenta o intercambio artístico entre Mozos creadores de América Latina e Europa, participaron no proxecto Artistas de Ourense, Italia, Salvador, Costa Rica, Mexico, Brasil entre outros. Nesta edición 2015 contaremos coa participación de artistas escénicos de Ourense, Costa Rica, España, México, Nicaragua e Alemaña:
– FUNUS de ANA PAULA RICALDE / BIPO-BIPO – Arte de Acción / MÉXICO
– EN LLOC (fragmento) de JORDI VILASECA / CÍA JORDI VILASECA / ESPAÑA
– BACH de ERICK JIMÉNEZ / SóLODOS / OURENSE – COSTA RICA
– PUNTO EN COMÚN de YEINNER CHICAS e TINA HALFORD / KOMPANI HANNI / NICARAGUA – ALEMANIA /Peza Gañadora do Certame SóLODOS EN DANZA / Barva – Costa Rica / 2015 con xira por España en diferentes festivais e workshops internacionais de danza.











