publicidade hoxe

Mulleres de San Ciprián e Concello de Cervo celebran unha nova edición de Lembrando tempos no río

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Presentación "Lembrando tempos no río"

Presentación “Lembrando tempos no río”

A Asociación Mulleres de San Ciprián organiza un ano máis, coa colaboración do Concello, a actividade Lembrando tempos no río. O alcalde, Alfonso Villares, a edil Pilar Armada, a presidenta da entidade, Amparo Pernas e outras socias presentaron os detalles do evento que se celebrará este sábado día 20.

O punto de encontro será a prazoleta da Casa da Cultura, ás 17:30 h., onde se reunirán todas as persoas que queiran participar para dirixirse todas xuntas cara o río Covo, en concreto á zona onde se atopa a área recreativa, preto da ponte medieval. Un percorrido durante o cal a comitiva, cantará cancións tradicionais acompañada do grupo A Reboulaxe, que estará presente durante toda a actividade. Unha vez chegados ao río, gozarán dunha merenda de convivencia.

Ao mesmo tempo, todas as persoas que o desexen poderán participar na recreación da tradición de lavar no río, revivindo tamén o ambiente típico de hai unhas décadas, cando esta tarefa se realizaba nas beiras do Covo. Unha práctica moi habitual naqueles tempos e que pretende ser un pretexto para reunir á veciñanza cervense “nun acto de convivencia, lecer e recordo” asegura Armada.

Unha actividade que constitúe tamén unha forma de “lembrar e recoñecer o duro traballo que realizaban as mulleres naquela época” e ao mesmo tempo unha “homenaxe ás mulleres en xeral, para poñer en valor o seu papel na nosa sociedade” remata a edil.

17 de xuño de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.