Mos honrou un ano máis á rosa cunha celebración declarada de Interese Turístico de Galicia en 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Ethel Vázquez e Nidia Arévalo na entrega de premios

Ethel Vázquez e Nidia Arévalo na entrega de premios

Esta mañá celebráronse os actos centrais das Festas da Rosa na Praza do Concello de Mos. A partir das  9:00 horas  e ata ás 11:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Así mesmo, ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada pola coral da parroquia de Petelos, Ventos do Val, que estivo seguida da actuación da tamén mosense Banda de Gaitas Ledicia.

A lectura do Pregón chegou ás 12.30 horas e correu a cargo da agrupación musical Os Sinandeiros, da Escola Municipal de Música de Mos, sita en Torroso. 

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron:

– Premio á mellor presentación (150 euros): Eulalia Ledo

– Premio ó mellor sabor (150 euros): Josefa Senlle

Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron:

– 3º Premio (100 euros): Arturo Campos

– 2º Premio (150 euros): Josefa González Bacelo

– 1º Premio (200 euros): María Rivera Sío

Tras a entrega de premios chegaron as intervencións institucionais da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, e da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

Os actos matinais pecháronse cun concerto dos pregoeiros, o grupo Os Silandeiros, seguido do fin de festa ca Exaltación da Empanada de Pan de Millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña.

Todo o mundo puido probar a empanada con racións a prezos populares, xa que a ración de empanada máis viño custaba 3 euros.

Este día grande das Festas da Rosa 2015 contou, entre outras autoridades, coa presencia de:

– Nidia Arévalo: alcaldesa de Mos

– Sara Cebreiro: concelleira de Cultura

– Demais membros da Corporación Municipal mosense

– Ethel Vázquez: conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

– Antonio Coello: subdelegado do goberno en Pontevedra

– Antonio Crespo: director xeral de Desenvolvemento Rural

– Blanca García-Señoráns: directora xeral de Relacións Institucionais

– María Elvira Larriba: senadora

Na presente edición da Festa da Rosa destacou o cambio de día dos actos centrais, que tódolos anos se celebran o 13 de xuño, pero que nesta ocasión trasladouse a hoxe, domingo día 14. Este ano tomouse a decisión de organizar hoxe os actos centrais da Festa da Rosa debido a que onte tivo lugar a celebración do Pleno de Investidura da nova Corporación.  Dende o Concello de Mos pensouse que sendo domingo os veciños participarían e desfrutarían da festa igualmente, como así foi, xa que o éxito de afluencia foi rotundo.

14 de xuño de 2015 | 15:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.