Mos constitúe a súa nova Corporación Municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Nidia Arévalo volve a recibir o bastón da Alcaldía de Mos

Nidia Arévalo volve a recibir o bastón da Alcaldía de Mos

Esta mañá celebrouse a sesión constitutiva do Pleno do Concello de Mos, que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de Mos co seguinte orde do día: formación da mesa de idade conformada polo concelleiro de maior idade, Francisco Vázquez Troitiño, e o de menor idade, Camilo Augusto Martínez; toma de posesión dos Srs./as concelleiros/as electos e declaración de constitución da nova Corporación, elección de Nidia Mª Arévalo Gómez como nova alcaldesa de Mos e exame do arqueo e documentación xustificativa, e do inventario de bens do Concello.

Polo tanto, a nova Corporación Municipal mosense quedou formada polos seguintes integrantes: Nidia María Arévalo Gómez (PP), Oscar Soto Abadín (PP), Julia Loureiro Campo (PP), Alberto Méndez Lago (PP), José Luís Alonso Seijo (PP), Mª Raquel Monzón Otero (PP), Cándido Pérez Rodríguez (PP), Sara Mª Cebreiro Alonso (PP), Camilo Augusto Martínez (PP), Francisco Vázquez Troitiño (Gaña Mos), Miguel Ángel Rodríguez Alonso (Gaña Mos), María Aurora Giráldez Leirós (Gaña Mos), Roberto Carlos Rodríguez Dasilva (Gaña Mos), Alfonso Parada Fernández (PSOE), Patricia Pérez Ucha (PSOE), Emilio Muíños Pumar (PSOE) e Miguel Anxo Aldea Moscoso (BNG). 

No seu discurso a alcaldesa re electa, Nidia Arévalo, agradeceu o labor de tódolos membros da anterior Corporación Municipal e do seu equipo de goberno, así como o apoio ós veciños e veciñas mosenses que depositaron a súa confianza nela o pasado 24 de maio. Ademais deulles as gracias a todas as administracións supra municipais que tanto levan colaborado con Mos, investindo un total de 10 millóns de euros durante a pasada lexislatura. 

Por último, Arévalo adiantou os eixos da súa xestión prevista para os vindeiros catro anos, que estará baseada nas persoas e centrada en dous pilares fundamentais como son o benestar e o emprego; mantendo, así mesmo, uns servizos de primeira e continuando a mellorar as infraestruturas municipais xunto coa cultura, a educación, o deporte e o medio ambiente.

13 de xuño de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.