Moncho Fernández participa no III Claustro Docente FGB

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O adestrador do Rio Natura Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, participará o próximo 13 de xuño no III Claustro Docente organizado pola Federación Galega de Baloncesto na Coruña. O técnico centrará o seu relatorio dirixido aos demais adestradores galegos en formación nun tema moi específico: “Defensa Match Up: solucións defensivas ante desvantaxes”, onde falará do desenvolvemento teórico e metodolóxico desta defensa.

O cartel do claustro complétano outros tres galegos: Diego Ocampo, adestrador do UCAM Murcia; Miguel Méndez, técnico instalado no baloncesto feminino italiano coa Familia Schio; e Miguel Ángel Hoyo, actualmente, técnico no danés Horsholm 79’ers.

Poderanse inscribir todos os adestradores galegos que o desexen enviando datos persoais e xustificante de pago ao correo adestradores@fegaba.com. O custo total da actividade é de 10 euros a ingresar na conta ES96 2100 1455 14 0200227406. Ademais, convalida un total de 10 horas de formación individual complementaria. 

9 de xuño de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.